Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Basket Coruña anotou 119 puntos, récord nun partido da LEB Ouro

O Basket Coruña anotou 119 puntos, récord nun partido da LEB Ouro

Sean McDonnell e Yunio Barrueta achegaron 46 dos 119 puntos

Foto Leyma Coruña
G24.gal 25/10/2023 16:41 Última actualización 25/10/2023 16:45

Sean McDonnell e Yunio Barrueta foron as puntas de lanza que converteron o Leyma no equipo máis anotador da historia da LEB ouro nun partido sen prórroga. Achegaron 46 dos 119 puntos que o cadro coruñés lle fixo ao Cantabria, co que entra no libro de marcas da Liga.

É unha Liga que colideran Basquet Coruña e COB Ourense. Tres de tres. Os laranxas promedian máis de noventa puntos por partido e presentan as súas credenciais na loita, paseniño, pola ACB.

O Leyma reclama o dereito a soñar en grande, a día de hoxe a revelación da Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos