Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona amosa as súas excelencias na pista do Cisne (25-43)

O Barcelona amosa as súas excelencias na pista do Cisne (25-43)

G24.gal 27/11/2022 21:18

O Barcelona pasou o rolo na viaxe a Pontevedra (25-43) nun partido en que a derrota estaba máis que asumida e só tocaba gozar por ter algún dos mellores xogadores do mundo enfronte. 

Pouca historia tivo o partido no tocante ao marcador. Antes do minuto 15, o resultado era de 4-10, co Barcelona imprimindo un ritmo de vertixe e rotando todos os efectivos pensando en futuros compromisos da Champions. 

O Cisne, un dos equipos máis novos da liga, sabía que este partido só valía para curtirse e para tentar amosar o seu mellor balonmán diante dun equipo top mundial. O adestrador pontevedrés tamén repartiu moito os minutos consciente de que a súa pelexa estará nos vindeiros compromisos, cando se enfronte a rivais directos pola permanencia. 

Ao descanso, o resultado era de 11-21 e o parcial da segunda parte estivo na mesma liña, cun 14-22.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar