Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atlético terá que remontar na volta o gol de Arnautovic (1-0)

O Atlético terá que remontar na volta o gol de Arnautovic (1-0)

O equipo madrileño perdeu en San Siro contra o Inter de Milán

G24.gal 20/02/2024 22:44

O Atlético de Madrid está obrigado a remontar o 1-0 conseguido polo Inter de Milán na ida dos oitavos de final da Liga de Campións. O gol de Arnautovic, marcado no minuto 79, deixa os de Simeone cunha complicada papeleta para o partido de volta. 

Os dous equipos son moi fortes en defensa, e aí foi onde incidiu o Atlético para chegar coa eliminatoria cando menos empatada para o partido de volta. Nun partido con escasas ocasións, foi Lautaro o que tivo a mellor na primeira parte logo dun erro do seu compatriota De Paul. 

No segundo tempo o Atlético pisou a área interista con perigo da man de Samuel Lino, pero o gol chegaría noutro erro importante da defensa española. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar