Cargando resultados...
O Atlético gáñalle ao Barcelona o Arousa F7 na quenda de penaltis
Recuperou un 3-1 no segundo tempo e acabou gañando desde o punto fatídico
G24.gal
29/05/2022 19:59
O Arousa F7, un dos mellores torneos alevíns do mundo, irá para as vitrinas do Atlético de Madrid, que se desfixo na final do Barcelona na quenda de penaltis.
Poucos o podían imaxinar ao remate do primeiro tempo, cando gañaba o equipo catalán por 3–1 e lles anularan tres goles aos atléticos. Na segunda parte o Atlético apertou e en tres minutos marcou os dous goles que precisaba para forzar a quenda de penaltis.
Desde o punto fatídico acertaron todos os xogadores os seis lanzamentos regulamentarios. Un erro do Barça no primeiro da morte súbita propiciou o triunfo madrileño.