O Atleti complícase o Top 8 tras empatar ante o Galatasarai (1-1)
Giuliano Simeone adiantou ós madrileños, pero Marcos Llorente en propia porta empatou para o equipo turco
Novo partido gris de Julián Álvarez que pasou case inadvertido
@Atleti
O Atlético de Madrid empatou a un tanto no Ali Sami Yen de Istambul e perde a súa posición privilexiada no Top 8 da Champions League. Os de Simeone dominaron o partido pero pecaron de ter pouca claridade no treito final do campo onde Julián Álvarez e Sorloth volveron asinar un partido bastante discreto
No minuto 4 Giuliano rematou de cabeza á rede un centro de Ruggeri desde a esquerda. No 20, Marcos Llorente meteu na súa propia meta unha tentativa fallida de despexe, tras un centro de Sallai.
Na segunda metade non se moveu o marcador. Moito dominio atlético pero sen ocasións claras de gol. Por contrra, na última xogada do partido apareceron Oblak e Sallai para salvar un punto para os colchoneiros o desbaratar unha dobre ocasión de Gabriel Sara e Elmali. O empate deixa no aire a posibilidade do Atlético, que suma 13 puntos, de entrar entre os oito primeiros da fase da Liga da máxima competición europea. Queda un partido, que disputará no Metropolitano ante o Bodo Glimt noruegués.