O Athletic sae goleado de Dortmund
Mal partido dos de Valverde que volveron amosar a súa fraxilidade defensiva encaixando catro goles
Xa son seis os partidos que suman sen gañar de forma consecutiva entre a liga e a máxima competición continental

Segunda derrota na Champions League para o Athletic de Bilbao que foi goleado en Dortmund polo Borussia , 4-1, trasladando os vascos á competición continental a mala xeira de resultados que levan na liga.
O técnico dos de Bilbao, Ernesto Valverde, optou por un once inicial con moita presenza de xogadores non habituais nas súas aparicións ligueiras. O ambiente do Signal Iduna Park e o impoñente xogo ofensivo do cadro xermano amedrentou os bilbaínos que chegaron o descanso en desvantaxe despois do gol anotado polo carrileiro esquerdo Svenssson.
Na segunda metade o guión do partido non trocou pese os trocos realizados no descanso polo cadro vasco, coa entrada de Ruiz de Galarreta, Laporte e Guruzeta. Ao pouco da reanudación o inglés do Dortmund Chukwuemeka ampliaba a renda para os locais pero non baixaron os brazos os pupilos de Valverde e Guruzeta reducía as diferenzas aproveitando un balón solto na área local. E puido chegar o empate despois dunha boa manobra de Robert Navarro que errou na definición despois de desfacerse do seu defensor. E de novo Robert Navarro volveu rondar o empate tras unha internada por banda esquerda que finalizou cun centro que non atopou quen o rematara. E cando semellaba que o segundo tanto dos bilbaínos estaba máis cerca chegaría a sentenza do equipo amarelo cun afortunado remate que petou no goleador Guirassy e batiu a Unai Simón. Nos minutos finais o capitán do Borussia, Julian Brandt, pechaba a goleada para o seu equipo.
Dous partidos e dúas derrotas na Champions para os de Valverde, que sumadas as catro xornadas sen gañar na liga ,abren unha mini crise no cadro vasco que comezara moi ben a competición ligueira,