Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ascenso á ACB decídese este venres entre o Obradoiro e o Básquet Coruña

O ascenso á ACB decídese este venres entre o Obradoiro e o Básquet Coruña

O equipo santiagués depende del e se gaña diante do Guipúscoa Básket (21:00 horas na G2 e Agalega.gal) regresará á máxima categoría do baloncesto

O cadro coruñés verao pola televisión agardando un tropezo do Obradoiro para poder festexar o ascenso

G24.gal 08/05/2026 09:29

Monbus Obradoiro ou Leyma Coruña. Un dos dous equipos galegos estará esta noite na Liga ACB. As contas están claras. O cadro coruñés non xoga nesta última xornada e só ascendería no caso de que o Obradoiro perdera diante do Guipúscoa Básket. Os santiagueses téñeno na mal, dependen deles pero precisan un último triunfo nun Multiusos Fontes do Sar que estará ateigado (21:00 horas, na G2 e en Agalega.gal). 

Despois dunha gran pelexa entre os dous equipos ao longo da temporada ponse punto e final a unha temporada extraordinaria tanto do Obradoiro como do Leyma. Só perderon catro partidos ata o de agora, son os dous equipos con mellor proposta ofensiva da categoría e tiveron un fermoso man a man que podería decidirse no basket average a prol do equipo santiagués. 

Non ten unha tarefa doada no derradeiro e decisivo partido. O Guipúscoa tamén se está xogando moito porque cunha vitoria garante a vantaxe de campo na eliminatoria de cuartos de final na pelexa pola segunda praza de ascenso á ACB, un detalle que pode ser determinante para estaren na Final a Catro. Para máis morbo, o adestrador guipuscoano Sergio García estivo á fronte do Leyma entre os anos 2019 e 2021. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade