O arrastre galego mobilízase contra os ataques dos colectivos ecoloxistas
O sector teme que as posturas dos ecoloxistas calen na comisión europea
Os ecoloxistas piden que se deixen de empregar artes de pesca claves para a frota galega
A frota europea do arrastre mobilízase contra os ataques de colectivos ambientalistas que piden que se deixen de empregar artes de pesca claves para a frota galega.
O sector teme que as posturas dos ecoloxistas calen na comisión europea.
Nas negociacións pesqueiras de antes do Nadal a Comisión Europea tentaba reducir as capturas da frota de arrastre, baseándose en datos científicos que non estaban actualizados.
Lembramos que hai xa un lustro que a pesca de arrastre quedou prohibida nas profundidades superiores aos 800 metros. A gora o temor do sector, desde armadores a confrarías, é que estas prohibicións sigan estendéndose nos vindeiros anos.
Por iso a semana que vén reuniranse o sector en Bruxelas co comisario de Pesca para trasladarlle os seus esforzos en prol da sostibilidade.
Queren salientar tamén a importancia do sector na actividade económica e na creación de postos de emprego en rexións como Galicia.