Cargando resultados...
O Arousa salva un punto cun gran gol de Luís Nuño (2-2)
Empate contra o Leganés B que se puxera por diante con dous goles nun minuto
G24.gal
19/12/2021 20:11
O Arousa e o Leganés B empataron 2-2 nun partido que tivo moitas alternativas. Avisou primeiro Mon cun disparo desde fóra da área pero o Leganés tamén xerou moito perigo na área de Manu Táboas.
Xusto antes do descanso marcou Luismi o 1-0. Parecía o partido controlado polo Arousa pero nun minuto chegaron os goles de Casio e Diego. Quedaban 25 minutos e o Arousa víase por debaixo no marcador.
O guión era moi similar ao da derrota diante do Langreo pero o equipo vilagarcián sacou forzas e acadou o empate logo dun gran gol do asturiano Luís Nuño.