Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atlético ten que empregarse a fondo para sacar o Arenteiro da Copa (1-3)

O Atlético ten que empregarse a fondo para sacar o Arenteiro da Copa (1-3)

Marcos Alonso adiantou os do Carballiño e Carrasco empatou de penalti

Diego García paroulle outra pena máxima a Morata pero Barrios sentenciou no 75

G24.gal 22/12/2022 21:42 Última actualización 22/12/2022 22:51

Durante moitos minutos o Arenteiro soñou con seguir coa fazaña copeita. Tratou de ti a ti o Atlético de Madrid, conseguiu adiantarse no marcador e nunca lle perdeu a cara á eliminatoria (1-2). Un final digno dunha traxectoria brillante. 

Simeone dispuxo dun equipo que podería participar en calquera partido de Liga, pero atopouse coa garra do equipo do Carballiño. Nos últimos cinco minutos da primeira parte chegaron os tantos. Adiantouse o Arenteiro co gol de Marcos Alonso e co delirio en Espiñedo. O Atlético reaccionou decontado grazas a unha decisión arbitral cun penalti de Pol Bueso a Savic. Transformouno Carrasco que puxo a igualada no 44.

A segunda metade empezou con outro penalti asubiado por González Fuertes, un dos grandes protagonistas do partido. O Atlético cambiou de lanzador e Diego García cazoulle o lanzamento a un desafortunado Morata. 

Cando faltaba un cuarto de hora, o canteirán atlético Pablo Barrios foi o que marcou o segundo gol do seu equipo. O Arenteiro botouse arriba e tentou marcar o gol do empate. O que chegou foi o terceiro e definitivo gol de Carrasco (1-3). Espiñedo viviu unha festa diante dun Atlético que presentou un equipo con seis mundialistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar