Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenal Emevé Lugo perdeu 0-3 co Almería, líder invicto

O Arenal Emevé Lugo perdeu 0-3 co Almería, líder invicto

Os lugueses estaban minguados polas lesións

G24.gal 30/11/2021 12:51

O Arenal Emevé Lugo perdeu 0-3 e amosou o que se esperaba a pesar de estar mermado polas lesións, loita e calidade, pero sen poder soster o alto ritmo do Almería.

Niso baséase o liderado e a condición de invicto, nunha regularidade no xogo que marca xa distancias. De feito, cos seis puntos sumados en 48 horas os verdes suman 26 sobre 27, novena vitoria de nove, catro máis que Guaguas e cinco máis que Melilla.

Con Palharini e David López de inicio, máis Andrés Porteiro saíndo ao final do segundo set e xogando o terceiro, o equipo foi constante e ambicioso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar