Publicador de contidos

Publicador de contidos

O arcebispo de Santiago convida a León XIV a visitar a cidade

O arcebispo de Santiago convida a León XIV a visitar a cidade

Francisco José Prieto lembrou que agardan a visita do papa no horizonte do Ano Santo 2027

Reuters Reuters
G24.gal 15/05/2025 18:12 Última actualización 15/05/2025 18:20

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, convidou o papa León XIV a visitar a capital galega "de novo", xa que estivo nela durante a súa mocidade. Así o trasladou o representante da diocese preguntado polos medios despois de presentar a memoria de actividades da Igrexa en Galicia 2023.

Monseñor asegurou que lle fará a mesma invitación que lle fixo no seu momento a Francisco e espera que "en canto teña oportunidade poida visitar a cidade como peregrino". "Lembrareille que o Apóstolo Santiago espera que o seu amigo Pedro o poida vir visitar", confirmou.

Ademais, lembrou que teñen no horizonte o Ano Santo 2027 polo que esperan poder contar coa visita do papa que, asegura, ten unha "grande experiencia na súa traxectoria como misioneiro da igrexa universal".

Nesta liña avanzou que asistirá á misa do comezo do seu ministerio, o vindeiro domingo, pero recoñeceu que "non será fácil" facerlle chegar a proposta ese mesmo día. Con todo, asegura que tratará de facerlla chegar "o máis pronto posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade