Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Anxo Carro despide a etapa máis gloriosa na historia do Lugo

O Anxo Carro despide a etapa máis gloriosa na historia do Lugo

Perdeu por 1-2 diante dun Huesca que xogaba a permanencia

Foron once temporadas gozando da Segunda División. O vindeiro partido oficial do Lugo na casa será na 1ª RFEF

G24.gal 20/05/2023 22:22

Rematou o periplo do Lugo na Segunda División. Cando menos os partidos no Anxo Carro, onde xogou o seu último partido na categoría despois de encadear once temporadas gozando do fútbol de elite. O vindeiro partido que dispute como local xa será na Primeira Federación. 

A despedida non puido ser boa, acorde coa traxectoria do Lugo neste nefasto 2023. Pode completar unha volta completa sen gañar ningún partido, algo que nin no peor dos pensamentos estaba no mes de decembro.

O Huesca sí tiña moito en xogo. Cun triunfo garantía a permanencia na categoría e foi o equipo que máis buscou o gol. Tivo a sorte de marcar dous tantos case consecutivos ao comezo da segunda parte, goles de Javi Martínez e de Obeng. Sebas Moyano anotou para o Lugo no 72 demostrando ser un dos xogadores máis en forma do equipo nos últimos meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos