O ano en que Galicia entrou no clube da alta velocidade
O 21 de decembro remataron 20 anos de espera polo AVE
Máis de 20 anos despois da colocación da primeira travesa do AVE en dirección Galicia, o 21 de decembro saían de Ourense os primeiros pasaxeiros da alta velocidade.
"Eu son ferroviario de vocación e para min este día é histórico", contaba un deles, "estou emocionado, unha pasada". Outro explicaba que "viñemos para inaugurar isto, que é unha cousa histórica".
A partida do primeiro convoi forma parte xa dos anais das comunicacións galegas. 160 pasaxeiros baixaban na estación de Chamartín só dúas horas e cuarto despois de deixar a cidade das Burgas.
Vinte e catro horas antes, o rei inaugurara oficialmente a nova conexión. Con el ía o presidente do Goberno, un dos catro que se sucederon durante unhas obras que custaron máis de 10.000 millóns de euros.
Da complexidade dos traballos dan conta a trintenta de viadutos e otros tanto túneles construídos só no treito de entrada á comunidade.
O arranque do AVE xerou unha expectación inusitada. 125.000 billetes voaron no primeiro mes impulsados pola oferta de lanzamento."Un custoume 15, 30 os dous, e o outro, 18", relataba unha das primeiras compradoras.
De momento o AVE só chega de xeito directo a Ourense. Desde as demais cidades galegas hai que facer trasbordos: para A Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo a viaxe en Alta Velocidade ata a meseta queda para 2022.