O aleiro Éric Vila, unha cota para a posición de aleiro no Breogán
Ten 26 anos, mide 209 centímetros e xogou as últimas tres temporadas en Xirona
A quinta fichaxe do Breogán ten a condición de cupo. Trátase de Éric Vila, un aleiro alto -209 centímetros- de 26 anos que xogou as últimas tres temporadas en Xirona. O ano pasado acreditou unha media de 4,9 puntos e 2,6 rebotes en 14 minutos.
Vila engádese a Charlie Moore, Aranitovic, EJ Onu e Dragan Apic como as novas facianas no roster do cadro breoganista. O catalán chegou a debutar co Barcelona con só 16 anos pero tivo boa parte do seu proceso formativo nos Estados Unidos.
O seu regreso ao baloncesto español foi no equipo de Marc Gasol co que subiu á Liga ACB na súa primeira temporada e logo conseguiu manterse as dúas seguintes. Un bo complemento para a rotación dos de Mrsic.