Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Pol arma outra vez liorta nun partido de fútbol

O alcalde de Pol arma outra vez liorta nun partido de fútbol

Tentou entrar nos vestiarios do Castro cando celebraban a vitoria

Lino Rodríguez xa fora condenado por agredir un afeccionado Lino Rodríguez xa fora condenado por agredir un afeccionado
G24.gal 08/03/2023 08:17

O alcalde de Pol Lino Rodríguez volve ser noticia pola súa reacción violenta durante un partido de fútbol. Tras o encontro co Club Deportivo Castro, que gañaron os visitantes, o rexedor tentou entrar no vestiario rival, supostamente molesto pola forma de celebraren a vitoria e por presuntos danos nos vestiarios.

Os xogadores e o equipo técnico do Castro botárono de alí e a cousa non foi a máis. Lino Rodríguez xa fora condenado en maio do ano pasado por unha agresión a un afeccionado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade