O impacto dun raio obriga a pechar durante unha hora o aeroporto de Peinador

O aeroporto vigués de Peinador permaneceu pechado unha hora a causa dos efectos da treboada caída na zona esta tarde. Os raios caídos causaron desperfectos no equipamento do aeródromo e non se puido operar.
A pesar do incidente, non houbo que cancelar nin desviar ningún voo, aínda que se barallaron ambas as dúas posibilidades. Finalmente só sufriron retrasos as conexións con Madrid e Barcelona.
#Actualización
— Aena (@aena) June 3, 2022
📣 El Aeropuerto de Vigo vuelve a estar operativo.
🕑 Ha estado inoperativo durante una hora. https://t.co/4DKOKrmaRa
Debido aos atrasos nas chegadas de Madrid e Barcelona, tamén se reprogramaron as saídas, sen unha hora definitiva polo momento. Incluso as compañías sopesaran a opción de habilitar servizo de autobús ata o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, unha medida que xa desbotaron.
Peinador xa sufriu a finais do ano pasado problemas a causa dunha fochanca na pista, que impediu a operatividade do aeroporto durante dous días.