Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aeroporto Rosalía de Castro estrea conexión directa con Boloña

O aeroporto Rosalía de Castro estrea conexión directa con Boloña

Esta conexión estará dispoñible todos os martes e sábados

Durante o inverno, o aeroporto de Santiago contará con nove rutas internacionais

G24.gal 02/11/2021 22:10

O aeroporto da Lavacolla estrea hoxe unha nova ruta internacional operada pola aeroliña irlandesa Ryanair. É un voo directo que conectará a capital galega coa cidade italiana de Boloña e que operará todos os martes e sábados.

A capital da rexión da Emilia Romaña foi un destino que triunfou hai anos dende o aeroporto vigués de Peinador e que agora recupera o Rosalía de Castro. Durante a tempada invernal, Lavacolla contará, con esta última, con nove rutas internacionais.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade