Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aeroporto de Vigo gaña 290 metros para a área de espera da súa zona de embarque

O aeroporto de Vigo gaña 290 metros para a área de espera da súa zona de embarque

Dita ampliación supuxo un investimento de máis de 285.000 euros para que os pasaxeiros que utilicen as portas 5-6 e 7-8 dispoñan dunha maior comodidade e espazo

Aena Aena
G24.gal 02/06/2025 19:17 Última actualización 02/06/2025 19:23

O aeroporto de Vigo ampliou a súa zona de embarque cunha nova área de espera para que os pasaxeiros que utilicen as portas 5-6 e 7-8 dispoñan dunha maior comodidade e espazo.

Así o sinalou AENA nun comunicado, indicando que dita ampliación supuxo un investimento de máis de 285.000 euros para gañar uns 290 metros cadrados para a zona de embarque de Peinador.

"Esta actuación responde ao compromiso de AENA de mellorar as súas infraestruturas, co obxectivo de promover o benestar dos pasaxeiros que transitan diariamente polos seus aeroportos", sentenciou a empresa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade