Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aeroporto de Gran Canaria recupera a normalidade despois dos asolagamentos

O aeroporto de Gran Canaria recupera a normalidade despois dos asolagamentos

O aeródromo estivo inoperativo 40 minutos e tiveron que desviar 18 voos

Barranco asolagado en Telde, en Gran Canaria Barranco asolagado en Telde, en Gran Canaria
G24.gal 04/03/2025 19:31

O aeroporto de Gran Canaria recuperou a normalidade despois de que este martes se asolagaran dúas das súas pistas.

Durante 40 minutos, o aeródromo estivo inoperativo pola auga acumulada.

Despois tivo que funcionar só cunha pista durante dúas horas e media.

A a normalidade recobrouse ás cinco da tarde hora local.

Esta situación provocou o desvío de 18 voos, principalmente a Tenerife e Fuerteventura, aínda que Aena recomendou aos pasaxeiros que consulten coa súa compañía aérea para coñecer o estado do seu voo.

A illa de Gran Canaria, que estaba en situación de prealerta por choivas como o resto do arquipélago, pasou a estar en alerta a partir das 14:15 horas por chuvascos fortes e localmente moi fortes, que se espera que remitan a última hora da tarde (entre 18:00 e 19:00 horas). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade