Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acusado do dobre crime de Soutomaior enfróntase á petición de 44 anos de cadea

O acusado do dobre crime de Soutomaior enfróntase á petición de 44 anos de cadea

A Fiscalía pide tamén que indemnice os familiares das vítimas con preto de 300.000 euros

A constitución do xurado popular atrasouse e trasladou a declaración do suposto asasino ata primeira hora da tarde

Está acusado de matar a tiros a súa irmá e a súa sobriña en agosto de 2020

G24.gal 09/05/2022 14:34 Última actualización 09/05/2022 14:51

Pasadas as nove e media da mañá chegaba á sección quinta da Audiencia de Pontevedra, en Vigo, o único acusado de matar a tiros a súa irmá e a súa sobriña en agosto de 2020 en Soutomaior. A súa declaración abrirá, a partir das catro desta tarde, o xuízo que se celebra ao longo desta semana e no que se enfrontará á petición de penas de 44 anos de cárcere por dobre asasinato e tenza ilícita de armas. A Fiscalía tamén solicita que indemnice os familiares máis próximos das vítimas con preto de 300.000 euros.

O caso será visto por un tribunal popular, e precisamente a demora en presentarse dun dos candidatos a formar parte do xurado obrigou a atrasar o comezo da vista, inicialmente prevista para este mediodía.

Segundo o escrito da acusación pública , a irmá do acusado, de 62 anos de idade, e a filla desta, de 26, presentáronse no pendello onde vivía o home a primeira hora da tarde do 21 de agosto de 2020 para pedirlle a devolución dunha escaleira. Foi cando el, a moi curta distancia, disparou contra elas. A súa irmá morreu no acto ao recibir un tiro no corazón, e a sobriña tamén resultou ferida de morte ao ser alcanzada no esterno. Os axentes atoparon a arma do crime, unha pistola automática de nove milímetros para a que non tiña licenza, agochada nas proximidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade