Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acusado de incendiar con gasolina a casa dunha amiga nega os feitos

O acusado de incendiar con gasolina a casa dunha amiga nega os feitos

A vítima asegura que o viu saír do partil desde a ventá da casa

O home negou estar no lugar na madrugada na que sucederon os feitos

A Fiscalía solicita 16 anos e medio de cárcere

G24.gal 20/09/2022 12:52

O home acusado de incendiar con gasolina a casa dunha amiga negou os feitos este martes durante a celebración do xuízo na Sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, mentres que a suposta vítima asegurou que o viu saír do portal do seu edificio no momento do incidente.  

Para el a Fiscalía solicita 16 anos e medio de cárcere por un delito de incendio con perigo para a vida ou a integridade física das persoas e outro delito de lesións, xa que o acusa de provocar un incendio no piso coa muller dentro en novembro de 2018.  

O home, que respondeu ás preguntas de todas as partes, negou estar no lugar na madrugada na que sucederon os feitos, insistindo en que precisamente esa noite chegou sobre as 4:00 horas a casa porque estivera axudando a un coñecido nun restaurante e posteriormente levaron un moble a casa deste último.

Pola súa parte, a vítima indicou que no momento no que se produciu o lume asomouse á xanela do seu cuarto e viu saír o acusado polo portal do edificio. No seu relato do sucedido, indicou que ela se atopaba soa na súa casa cando sentiu que subía alguén pola escaleira do edificio e paraba na súa porta.

Foi entón cando notou un "forte cheiro e un ruído" e, despois, unha labarada "xigante".   Nese momento achegouse á xanela e viu o acusado saír polo edificio. "Vino saír do portal. Coñézoo moi ben", subliñou este martes a muller, quen apostilou que tiñan unha amizade de máis de 20 anos.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade