Acepta catorce anos e medio de cadea o acusado de arremeter co seu coche contra un bar na Coruña
Arrmeteu ata en tres ocasións contra un bar dos Mallos
"Perdín toda a miña clientela da noite á maña, porque a xente ten medo de estar sentada alí", di o propietario
A vista por este caso celébrase só para determinar a contía das indemnizacións
"- Vostede declárase autor dos delitos e confórmase coa pena? - Si, confórmome".
Así foi o momento en que o acusado de arremeter co seu vehículo, ata en tres ocasións, contra un bar dos Mallos, ás once da noite do 10 de agosto de 2024, se declaraba culpable.
"Foi unha persoa que tiña clara intención de matar e meteu o coche no bar...", di Eduardo Astray, Avogado da acusación particular.
"Foi un milagre que ningún teña danos irreparables. Tratouse dun vehículo de máis de dúas toneladas que entrou dentro dun local e o máis fácil é que matase a alguén." comentaba o avogado da acusación particular Eduardo Astray.
A fiscalía solicitaba 29 anos como suposto autor de cinco delitos de homicidio en grao de tentativa, lesións e condución con manifesto desprezo pola vida dos demais. Houbo acordo entre as partes e aceptou unha condena de catorce anos e medio que, na práctica, queda reducida a pouco máis de sete.
"A base desta rebaixa sería por unha parte a anomalía psíquica que padece o meu cliente e por outra que a súa muller reparou parte do dano causado. " di o avogado defensor Manuel Ferreiro.
Non houbo acordo sobre as idemnizacións, polo que a vista continúa celebrándose.
" Parece ser que hai desacordo coa compañía aseguradora do coche que se nega a pagar" di Ferreiro.
Os feitos aconteceron na madrugada do 10 de agosto no bar O Pinchiño do barrio coruñés dos Maios. Houbo unha discusión entre unha parella e, o acusado, amigo da muller decidu intervir arremetendo co seu coche contra a terraza do local. Non só iso, senón que deu marcha atrás e fixo unha nova arremetida, ferindo varias persoas.