Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade investiga a orixe dos oito casos de hepatite A detectados en Narón

Sanidade investiga a orixe dos oito casos de hepatite A detectados en Narón

O primeiro detectouse o 2 de xuño e o último, o día 26 

Seis dos casos foron atendidos no Hospital de Ferrol e a maioría xa están de alta

Vacinaron tamén 20 persoas que manteñen contacto cos afectados para evitar que se siga estendendo

 

G24.gal 30/06/2026 14:55

Desde comezos deste mes de xuño Sanidade está rexistrando un nivel inusual de casos de hepatite A na área de Narón. Seis dos oito afectados foron atendidos no Hospital de Ferrol e a maioría xa están de alta, pero o Servizo de Vixilancia Epidemiolóxica segue investigando a orixe do gromo, algo complicado porque é unha doenza vírica cun período de incubación longo, segundo explican Antonio Caamaño, conselleiro de Sanidade e Suso Prego, xefe do Servizo de Vixilancia Epidemiolóxica da Xunta.

"Non se estableceu aínda unha fonte común para estas infeccións de hepatite A; iso é habitual porque ten un periodo de incubación longo de ata 50 días". 

Esa é a razón pola que se xa vacinou a 20 persoas que manteñen un contacto estreito cos afectados, para evitar que a doenza se siga estendendo mentres se avanza na investigación. 

Na gran maioría dos casos esta afección vírica pasa desapercibida ou con síntomas leves que remiten sen tratamento. Pero é importante atallar a súa expansión porque pode resultar letal nun 0,5 % dos casos, sobre todo se afecta a persoas maiores con outras patoloxías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos