Publicador de contidos

Publicador de contidos

O actor Antonio Resines recibiu a alta médica tras case dous meses ingresado por covid–19

O actor Antonio Resines recibiu a alta médica tras case dous meses ingresado por covid–19

A maior parte deses 48 días pasounos na UCI por complicacións 

G24.gal 10/02/2022 22:02

O popular actor Antonio Resines, de 67 anos, recibiu a alta médica 48 días despois de ingresar por complicacións derivadas da covid–19 no Hospital Gregorio Marañón de Madrid.

A maior parte deste tempo, 36 días, estivo na UCI debido a unha insuficiencia respiratoria aguda secundaria á pneumonía bilateral por covid–19.

Agora, seguirá o programa de recuperación multidisciplinar para pacientes ingresados na UCI por longos períodos para o seu total restablecemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade