O sector primario, pendente das medidas de salvagarda a tres semanas do inicio do acordo con Mercosur
O sector primario, pendente das medidas de salvagarda a tres semanas do inicio do acordo con Mercosur
Europa quere tranquilizar os produtores con cláusulas que suspendan a entrada de produtos de fóra se os prezos caen aquí; no foco están o polo, a tenreira, os ovos, o azucre ou os cítricos
O sector di que as cláusulas de salvagarda son un parche e manteñen a súa posición en contra do acordo
O sector primario galego ve con temor a entrada en vigor do acodro con Mercosur, prevista para o 1 de maio.
Un dos produtos vulnerables ante o acordo de Mercorsur é a carne de vacún. O acordo permitirá a entrada de 99.000 toneladas de carne. É o 1,5 por cento do consumo da UE.
"O importante é que estea todo identificado", comenta o carniceiro Rafael Díaz.
Preocupa a identificación e o prezo, cando os produtos dos países de Mercosur se vendan un 5 por cento máis baratos ca os europeos, Bruxelas actuará. Dáse un prazo de 20 días para prohibir a súa importación.
"O importante é conseguir que se aplique, que sexamos dinámicos no sector en detectar eses posibles problemas que poidan producir as importacións", explica Jacobo Feijóo, responsable de Desenvolvemento Rural de Unión Agrarias.
Son as chamadas cláusulas de salvagarda, que tamén limitarán a cantidade das importacións. Para o sector, máis que unha solución é...
"É unha 'tirita', entre que se activan os protocolos, se fan as inspeccións, que se poñen as sancións e un longo ecétera burocrático", asegura Noelia Rodríguez, presidenta de Agromuralla.
O consumidor defende o produto nacional, pero tamén pesa o encarecemento da vida.
"Meterán produtos que cortan o mercado de aqui", di un home.
As medidas de protección afectaranlles a uns 23 produtos catalogados como sensibles, entre eles a carne de vacún e porcino, o azucre, o arroz ou o mel.