Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 85 % da poboación galega ten a pauta completa da vacina anticovid–19

O 85 % da poboación galega ten a pauta completa da vacina anticovid–19

O 93 % da poboación diana en Galicia xa está vacinada

Este mes habilitaranse puntos de vacinación masiva

G24.gal 07/11/2021 12:06

A vacinación contra a covid–19 avanza en Galicia coa administración doutras 2.745 doses nunha xornada, das cales 500 foron para completar pautas. Así, a poboación galega inmunizada alcanza xa o 85 %.

Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade no Cronómetro de vacinación con respecto á xornada do sábado, administráronse ata o momento 4.526.010 doses, que representan 2.745 máis ca as contabilizadas ata o día anterior.

Do total de vacinas inoculadas, 500 foron para completar pautas; aumenta por tanto a 2.295.889 a cidadanía co proceso finalizado en toda a comunidade autónoma galega, o 85 % do total de habitantes e o 93 % da poboación diana (maiores de 12 anos).

Grupos vulnerables

Por grupos de poboación vulnerables, hai 19.475 de alto risco coa pauta completa, 17.579 dependentes non institucionalizados e 27.546 institucionalizados. Mentres, 2.086.850 terminaron o proceso ao ser chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 72.648 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.167 do sociosanitario e 44.076 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Proceso de vacinación

O proceso de vacinación contra o coronavirus segue nos hospitais do Servizo Galego de Saúde coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos.

Desde o luns 25 de outubro comezouse a administrar a persoas maiores de 80 anos a dose de reforzo contra a covid–19 en centros sanitarios de cabeceira, ao tempo ca a vacinación antigripal.

Ademais, está previsto a partir de mediados deste mes de novembro que o Sergas habilite de novo puntos de vacinación masiva cando comece a administración da dose de reforzo ao grupo de persoas de 70 a 79 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade