Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 16 % do persoal sanitario secundou a folga este mércores, segundo o Sergas

O 16 % do persoal sanitario secundou a folga este mércores, segundo o Sergas

A Xunta cifra o maior seguimento na área sanitaria de Vigo, co 22%, e o menor en Ferrol, cun 11,85% 

G24.gal 12/04/2023 18:00

O 15,75 % do persoal sanitario secundou o segundo día de folga indefinida convocado polo sindicato CESM en toda a rede da sanidade pública galega, segundo informou o Servizo Galego de Saúde. A Administración engadiu que no caso dos centros de atención primaria, o apoio caeu ata un 5,73 % dos facultativos.

O seguimento maior foi na área sanitaria de Vigo co 22%, sendo do 16,78 % na área sanitaria da Coruña e Cee e do 16 % na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. A que menos tivo, segundo estes datos da Xunta, foi a de Ferrol cun 11,85 %.

O martes a folga motivou a suspensión de 72 cirurxías e máis de 216 consultas externas, ademais de pospoñerse 66 probas. A administración sanitaria salienta que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada foi do cen por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade