Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novos cortes nocturnos na autovía A-6 en Pedrafita por obras de mellora nos túneles

Novos cortes nocturnos na autovía A-6 en Pedrafita por obras de mellora nos túneles

Os peches afectan varios de tramos da autovía entre os quilómetros 407 e 464,5 desde este luns e ata e o xoves

O Ministerio de Transportes está renovando os sistemas de ventilación

O do Cereixal é un dos túneles en obras O do Cereixal é un dos túneles en obras
G24.gal 10/11/2025 11:19

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible programou cortes nocturnos en varios túneles da autovía A-6 ao seu paso polo porto de Pedrafita por obras de mellora nos seus sistemas de ventilación.

Os cortes produciranse nesta zona a partir deste luns e ata o vindeiro xoves, día 13 de novembro.

En xeral, os traballos afectarán os túneles entre os quilómetros 407 e 464,5 da estrada: Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo; e Trabadelo, A Escrita e Vilafranca na provincia de León. As obras contan cun orzamento total de 22,7 millóns de euros a cargo a fondos europeos.

Nesta ocasión, van levar a cabo os traballos de adecuación e renovación dos sistemas de ventilación dos túneles de Doncos e Vilafranca co fin de modernizar as súas instalacións.

Para iso, habilitaranse itinerarios alternativos na estrada N-6. Ademais, os vehículos que transporten mercadorías perigosas terán restrinxida a súa circulación polo túnel da Porteliña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade