Cargando resultados...
Novo golpe policial ás bandas latinas de Madrid
Detidos o líder da Forty-Two e nove integrantes da Dominican Don't Play

G24.gal
04/03/2022 14:09
Novo golpe policial ás bandas latinas que operan en Madrid. Nunha das operacións, os axentes detiveron o líder do grupo denominado Forty-Two. Trátase dun home de Cabo Verde de 28 anos e con numerosos antecedentes policiais.
Noutra das redadas, a policía detivo nove mozos de 16 e 17 anos pertencentes á banda latina Dominican Don,t Play relacionados coa agresión a un membro dunha banda rival.