Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil de Culleredo destapa un novo caso de extorsión a través dunha rede social

A Garda Civil de Culleredo destapa un novo caso de extorsión a través dunha rede social

A suposta moza era realmente un mozo, que se dedicaba a chantaxear a vítima, que chegou a transferirlle un total de 350 euros

G24.gal 08/03/2023 13:59

Vítima e delincuente coñecéranse a través dunha rede social en que ambos os dous se intercambiaban fotografías e vídeos de carácter sexual.

Grazas ás indagacións, a Garda Civil de Culleredo en colaboración co Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Santa Cruz de Tenerife, puideron determinar que a suposta moza era un home que empregaba un perfil falso de muller para que lle resultase máis doado conseguir as imaxes coas que posteriormente realizaba a extorsión.

Desde a Garda Civil sinalan que estes delitos de sextorsión son unha das principais ameazas cibernéticas e que van en aumento.

Desta volta, tras a súa identificación, o mozo foi investigado como presunto autor dun delito de sextorsión e xa pasou a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade