Cargando resultados...
Máis protestas en Israel contra a reforma xudicial de Netanyahu
As protestas contra a reforma xudicial do primeiro ministro duran xa dez semanas

G24.gal
17/03/2023 08:41
Multitudinarias protestas en Israel. Decenas de miles de persoas volveron saír onte ás rúas para manifestarse contra a reforma xudicial que promove o primeiro ministro Benjamin Netanyahu, que outorgaría máis poder ao executivo e lle restaría capacidade de intervención ao Tribunal Supremo.
A oposición e amplos sectores da sociedade ven esta reforma como un ataque á democracia e á independencia xudicial. Levan dez semanas manifestándose contra ela.