Cargando resultados...
Nova técnica no CHUS para os pacientes oncolóxicos que precisen radioterapia
Este acelerador liñal ten un custo de máis de 1.400.000 euros

G24.gal
16/12/2021 20:09
O Hospital Clínico de Santiago acaba de estrear unha avanzada técnica para aplicar radioterapia durante a extirpación dun tumor. Chámase acelerador liñal e ten un custo de máis de 1.400.000 euros. Con el mellorarase a asistencia a pacientes oncolóxicos que precisen de radioterapia.
É o único e primeiro destas características que ten a sanidade pública galega e dos poucos do sistema sanitario español.