Cargando resultados...
Nova campaña de Tráfico para controlar o consumo de alcol e drogas
Nova campaña de Tráfico para controlar o consumo de alcol e drogas
O ano pasado por estas datas realizáronse 35.000 controis e sancionáronse uns 800 condutores
G24.gal
10/12/2023 21:05
Última actualización 11/12/2023 12:48
A DXT empeza este luns unha nova campaña para controlar o consumo de alcol e drogas nas estradas galegas, en especial nas zonas urbanas e de ocio.
O obxectivo é concienciar dos riscos de conducir baixo os efectos destas substancias, que, segundo os datos de Tráfico, están detrás dun terzo dos accidentes mortais.
Na mesma campaña, realizada o ano pasado, realizáronse 35.000 controis e sancionáronse uns 800 condutores, máis da metade por dar positivo en consumo de alcol.