A nécora escasea nos mercados e o seu prezo dispárase

Os vendedores calculan que xa a próxima semana todo o marisco subirá arredor de 20 euros o quilo

G24.gal 07/12/2023 14:03

Custa atopar nécora nos postos do mercado da praza de Lugo, na Coruña. "Apenas hai nécora". "É que agora só dous ou tres barcos van á nécora. Supoño que nestas datas dedicaranse a outras artes", comentan os vendedores.

Hai pouca oferta, pero tamén pouca demanda. "A xente merca centola, centola e centola", "Teñen máis saída as cigalas, os camaróns...".

E ao haber escaseza, os prezos, dispáranse. "A grande está xa a 75 euros o quilo, cando o seu prezo nestas datas sería de 60 euros. Vai xa quince euros máis caro o quilo".

Pero o caso é que, cando falta pouco máis de dúas semanas para a Noiteboa, todo o marisco xa comezou a súa particular escalada de prezos. "Xa subiu todo entre cinco e dez euros o quilo".

Os vendedores calculan que xa a próxima semana, todo o marisco, subirá arredor de vinte euros o quilo. E seguirá encarecéndose conforme nos vaiamos achegando ao Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade