Publicador de contidos

Publicador de contidos

Normalizando a vida coa covid tras dous anos de pandemia

Normalizando a vida coa covid tras dous anos de pandemia

Recuperamos a rutina da man das vacinas, pero debemos seguir protexendo os maiores

G24.gal 25/06/2022 15:30

Hai dous meses que deixou de ser obrigatorio usar máscara na maioría das actividades cotiás. Esa data marcou un antes e un despois no xeito de convivir coa covid.

Coa axuda das vacinas puidemos normalizar a volta á rutina. Seguen sendo o principal aliado para protexer os máis vulnerables e afrontar o que nos depare unha pandemia que aínda segue activa.

O verán comeza cunha repunta de contaxios que, de momento, non se reflicte na mesma proporción no aumento dos ingresos.

Todas as miradas seguen postas na segunda dose de reforzo dos maiores. Xa está en avaliación a nova xeración das vacinas de Pfizer e Moderna que inclúen a variante ómicron. 

Pero no caso de non chegar a tempo para o outono, desde Saúde Pública da Xunta apostan por reforzar a inmunización coas que xa temos e que tamén demostraron a súa eficacia reducindo a posibilidade de enfermar de gravidade. 

E na comunidade científica tamén hai quen aposta por combinar vacinas introducindo por exemplo a española da farmacéutica Hipra ou a de Novavax que utilizan outra tecnoloxía.

Sexa como sexa, os expertos coinciden en que hai que centrarse nas persoas vulnerables. Non hai ningún estudio ata o de agora, reiteran, que demostre a conveniencia de vacinar periodicamente toda a poboación.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar