Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noemi, muller de Pedro, vítima do Villa de Pitanxo: "Teño o corazón roto, desfeito"

Noemi, muller de Pedro, vítima do Villa de Pitanxo: "Teño o corazón roto, desfeito"

El era o primeiro oficial de máquinas do buque afundido, tiña 29 anos

Levaban 6 casados e 8 de noivos; acababan de ter o seu primeiro fillo

Imaxe da voda de Noemi e Pedro, primeiro oficial de máquinas do Villa de Pitanxo, desaparecido no naufraxio
G24.gal 13/02/2023 13:51

O mércores fai un ano do naufraxio do Villa de Pitanxo en augas de Terra Nova, en que faleceron 21 dos 24 tripulantes e 12 corpos non puideron ser recuperados. 

Un dos corpos que non se recuperou foi o de Pedro Herrera, primeiro oficial de máquinas. Natural de Marín, de 29 anos, deixou muller, Noemi, e un neno de apenas un ano. 

A metade de Noemi era Pedro Herrera, o primeiro oficial de máquinas do Vila de Pitanxo. Tiña 29 anos. Levaban 6 casados e 8 de noivos. Acababan de ter o seu primeiro fillo, Martín, e moitos plans de futuro, entre eles, aumentar a familia.

A paixón de Pedro eran as máquinas. Buscou traballo en terra, pero as condicións non o convencían e optou por enrolarse no mar a pesar da dureza e das ausencias.

Tiña moitos plans de futuro, entre eles estudar un ciclo superior para prosperar. Pero todo se truncou aquel 15 de febreiro.

Noemi vaise recuperando, pero hai unha ferida que segue sen cicatrizar. O de Pedro foi un dos corpos que non puido ser recuperado e Noemi non puido despedirse nin ten un lugar onde choralo.

Asegura que ten o corazón roto, pero que polo seu fillo e pola memoria de todas as vítimas seguirá loitando ata que se coñeza a verdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade