Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP cre que Pilar Bernabé, Patxi López ou Óscar Puente deberían dimitir igual que Noelia Núñez

O PP cre que Pilar Bernabé, Patxi López ou Óscar Puente deberían dimitir igual que Noelia Núñez

Noelia Núñez entrega a acta de deputada tras presentar a dimisión

G24.gal 24/07/2025 14:14

A dimisión da deputada popular Noelia Núñez por incluír no seu currículo formación que non ten abre un novo debate. No PP destacan a esixencia ética do partido. Os socialistas aseguran que o problema é mentir e non o nivel de estudos.

Núñez admite que se equivocou. Recoñece que non ten os estudos que constan no seu currículo. E no PP apuntan nomes socialistas que deberían seguir o mesmo camiño: Pilar Bernabé, Patxi López ou Óscar Puente.

Ante iso, Miguel Tellado, secretario xeral popular, recalcou as diferenzas entre os dous partidos, PSOE e PP, á hora de responder ante situacións como a que deu orixe á dimisión de Noelia Núñez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade