Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo: "O Goberno está colapsado, a lexislatura está morta"

Feijóo: "O Goberno está colapsado, a lexislatura está morta"

O líder do PP acusou ao xefe do Executivo de ter todos os récords de corrupción, tras confirmarse a prisión provisional para Cerdán

Feijóo nunha imaxe de arquivo. EFE / Sergio Pérez Feijóo nunha imaxe de arquivo. EFE / Sergio Pérez
G24.gal 23/07/2025 14:06

O líder do PP Alberto Núñez Feijóo acusou este mércores ao xefe do Executivo Pedro Sánchez de ter todos os récords de corrupción, tras confirmar o Tribunal Supremo a prisión provisional para o anterior número tres do PSOE, Santos Cerdán.

Nunha entrevista en Cuatro, recollida por Europa Press, sinalou que a derrota parlamentaria do Goberno co decreto contra apagamentos evidencia que o Executivo colapsou.

"O Goberno está colapsado, a lexislatura está morta", declarou.

O presidente dos populares lembrou que o Executivo nin sequera se atreveu a incluír na orde do día a redución da xornada laboral e as chamadas leis Bolaños para non perdelas.

Respecto á confirmación da prisión provisional para Cerdán polo seu papel directivo nos presuntos amaños de obra, asegurou que, ao seu entender, ningún presidente do Goberno estivo rodeado de corrupción como está o presidente actual.

"Pode ter un problema no partido, pode ter vostede un problema no Goberno. Home, pero que teña vostede un problema no partido, un problema no Goberno e un problema na súa familia, iso marca todos os récords da corrupción na política española", asegurou, para defender a volta á normalidade política.

"A corrupción e eu non somos compatibles"

Despois da entrevista en El Confidencial de Marcial Dorado, condenado por narcotráfico e branqueo de capitais, censurou que o PSOE recorra de xeito cíclico ás súas fotos con Dorado e sinalou que, a pesar diso, logrou despois maiorías absolutas en Galicia.

Ao seu entender, o que evidencian as declaracións de Dorado é que a cloaca do zapaterismo e do sanchismo utilizou unha persoa condenada e encarcerada para tentar difamalo.

"Estas son as cloacas do Partido Socialista (...). A corrupción e eu somos incompatibles".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade