Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo mételle presión a Vox para pactar en Estremadura, Aragón e Castela e León

Feijóo mételle presión a Vox para pactar en Estremadura, Aragón e Castela e León

Abascal afirma que Vox entrará nos gobernos autonómicos se pechan antes un acordo programático co PP

As direccións nacionais dos partidos analizan os resultados dos últimos comicios autonómicos

O líder do PP, Alberto Núnez Feijóo, xunto ao presidente en funcións de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco (EFE/David Mudarra)
G24.gal 16/03/2026 14:56

Despois de Estremadura e Aragón, o PP encadea a súa terceira vitoria con Castela e León. Na central do partido ven máis preto a Moncloa, cren que Pedro Sánchez perdeu a confianza dos votantes. Para Alberto Núñez Feijóo, "España xa está noutra e non hai xogada mestra que free este cambio".

Na sede do PSOE consólanse cos resultados. Aínda que a suba foi modesta, si conseguiu frear a sangría no comezo deste ciclo electoral e centra a súa análise no adversario. Segundo a súa voceira, Montse Mínguez, "hoxe, votar PP é votar bloqueo" e non descarta unha repetición dos comicios en Castela e León. "Seguramente hai partido de volta", engadiu na conferencia de prensa posterior á reunión da executiva do PSOE.

Para evitalo, Alberto Núñez Feijóo subiu o ton con Santiago Abascal e instouno a pactar xa. "Non podemos convertir a esperanza en frustración nin a esperanza en orfandade", dixo ante os baróns populares reunidos na sede do PP.

Pola súa parte, Santiago Abascal asegura que Vox "vai gobernar nas tres rexións", pero antes esixe un acordo programático co PP.

Para os partidos á esquerda do PSOE foi moi mala noite. O voceiro de Podemos, o leonés Pablo Fernández, durmiu "menos que Morrisey nas Fallas de Valencia".

Presentáronse divididos e nin Podemos nin IU nin Sumar conseguiron sequera un escano. Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais cre que "hai que sacar leccións", aínda que en tres meses son xa as eleccións en Andalucía, e, polo momento, non hai visos de que se presenten xuntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade