Publicador de contidos

Publicador de contidos

A deputada do PP Noelia Núñez dimite de todos os seus cargos tras a polémica polos seus estudos

A deputada do PP Noelia Núñez dimite de todos os seus cargos tras a polémica polos seus estudos

A exresponsable do PP pide desculpas e  agradece a confianza do partido

Feijóo asegura que a Noelia Núñez "hónralle" dimitir e contrapón o "listón ético" do PP co de Sánchez e o PSOE

G24.gal 23/07/2025 19:04

Noelia Núñez, ata agora vicesecretaria de Mobilización e Reto Dixital do Partido Popular, anunciou a súa dimisión de todos os cargos orgánicos e institucionais tras presentar información "incorrecta" no Congreso sobre a súa formación académica.

Núñez comunicou a súa decisión este mércores a través das redes sociais, onde tamén pediu desculpas a quen se sentise decepcionado pola súa actuación.

A exdirixente do PP asumiu a responsabilidade polos feitos e recoñeceu que pedir perdón "non é suficiente", polo que decidiu abandonar o seu posto en Génova e no Congreso.

O PSOE denuncia o incumprimento do código de conduta parlamentario

O PSOE presentou un escrito dirixido á Mesa do Congreso no que solicitaba que se instase a deputada do PP, Noelia Núñez, a borrar "de inmediato" os datos relativos á súa formación académica que figuran na páxina web da Cámara Baixa, despois de constatar que a parlamentaria "mentiu" ao respecto.

Noelia Núñez recoñeceu o martes á noite, a través dunha mensaxe na rede social X, que non rematou os estudos de Dereito e Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas. A deputada afirma que esta información aparece na súa ficha do Congreso por "equivocación".

Feijóo asegura que a Noelia Núñez "hónralle"dimitir

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Noelia Núñez "hónralle" dimitir dos seus cargos tras a polémica xerada polos seus estudos e contrapuxo o "listón ético" do Partido Popular co do xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e o PSOE.

"Por condutas francamente máis graves, e mesmo delituosas, o PSOE díxolle que aguantase. Nin Noelia é como eles nin eu son como Sánchez", aseverou Feijóo.

Feijóo asegurou que "moitos dos que atacaron sen piedade a Noelia Núñez conviven sen rubor coa total inmoralidade e a mentira feita persoa".

"As leccións de exemplaridade do PSOE non me conciernen porque non pode dalas", resaltou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade