Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ábalos asegura que os donos de Air Europa estaban dispostos a todo para o rescate da compañía

Ábalos asegura que os donos de Air Europa estaban dispostos a todo para o rescate da compañía

O exdirixente socialista refírese á posible implicación de Rodríguez Zapatero no rescate con 53 millóns de euros da aeroliña Plus Ultra, controlada por empresarios venezolanos

Ábalos anuncia unha querela contra o ministro de Transportes Óscar Puente por falsidade documental e estafa procesal. Faino pola auditoría que Puente realizou sobre o caso Koldo, que cuestiona a xestión de Ábalos

Sobre o caso Koldo, Ábalos di que quere colaborar coa Xustiza. Declárase inocente e sinala que tras 18 meses de calvario xa está condenado

G24.gal 23/07/2025 14:00

Un dos presuntos implicados no caso Koldo, o exministro de Transportes José Luis Ábalos, fala este mércores nunha entrevista en El Confidencial. Repasa varias asuntos: un deles, o rescate que fixo o Goberno de Air Europa. Asegura que os Hidalgo, os donos da aeroliña, estaban dispostos a todo para axilizar este rescate.

O exsecretario de organización do PSOE José Luis Ábalos asegura que os donos de Air Europa estaban angustiados pola situación da compañía. E que no proceso de rescate puideron pensar en calquera tipo de recurso para aceleralo. Pero malia que o responsable da compañía, Javier Hidalgo, e a muller do presidene do Goberno, Begoña Gómez, tiñan unha relación de amizade, Ábalos non cree que a utilizasen para facilitar o rescate da aeroliña.

Distinto é o caso doutra compañia aerea tamén rescatada: Plus Ultra. Ábalos refirese á posible implicación de José Luis Rodríguez Zapatero no rescate con 53 millóns de euros desta aeroliña controlada por empresarios venezolanos.

"Deste rescate", sinala Ábalos, "souben na mesa do Consello de Ministros".

E iso que, engade, era un asunto da súa incumbencia. 

Sobre o caso Koldo, Ábalos di que quere colaborar coa Xustiza. Declárase inocente e sinala que tras 18 meses de calvario xa está condenado.

Querela contra Puente

Nesa entrevista, José Luis Ábalos anuncia que vai presentar unha querela contra o actual ministro de Transportes Óscar Puente por falsidade documental e estafa procesal. Faino pola auditoría que Puente realizou no ministerio sobre o caso Koldo e que cuestiona a xestión de Ábalos.

Puente cre que Ábalos se equivoca.

Puente recoñeceu, este mércores en declaracións aos xornalistas, que non tivo moito tempo para ler a entrevista, aínda que lle "alarmou o titular" sobre "a querela contra Óscar Puente", aínda que a acción legal parece ser "contra os autores do informe".

O actual ministro dixo que "sempre" tivo "un gran afecto e unha gran admiración" por José Luis Ábalos e, "a pesar da enorme decepción" que ten como tanta xente que lle tratou, desexoulle "toda a sorte do mundo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade