Publicador de contidos

Publicador de contidos

PP, Vox e Junts votan en contra de crear unha oficina anticorrupción proposta por Sumar

PP, Vox e Junts votan en contra de crear unha oficina anticorrupción proposta por Sumar

É a segunda medida de Sumar que cae na última semana tras o rexeitamento.da redución da xornada laboral

Deputados do PP charlan no Congreso durante a sesión deste martes. EFE/ J.P.Gandul Deputados do PP charlan no Congreso durante a sesión deste martes. EFE/ J.P.Gandul
G24.gal 16/09/2025 21:36 Última actualización 16/09/2025 21:47

O PP, Vox e Junts votan no Congreso en contra da proposición de lei presentada por Sumar para a creación da Oficina de Prevención da Corrupción.

Entre as medidas que propoñía a lei estaba a creación dunha oficina anticorrupción.

A semana pasada PP, Vox e Junts tamén uniron os seus votos para frear a tramitación da lei para a redución da xornada laboral a 37,5 horas impulsada polo departamento que dirixe a vicepresidenta Yolanda Díaz.

Unha oficina para investigar e loitar contra a corrupción

O que propoñía Sumar era crear un novo organismo de dereito público con personalidade xurídica propia, independencia orgánica e funcional e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

O novo organismo tería como obxectivo previr, detectar, investigar e erradicar a corrupción, a fraude e o uso ou destino ilegal de fondos públicos, así como calquera aproveitamento irregular derivado de condutas que impliquen conflito de intereses ou utilización indebida de información pública en beneficio privado.

Ademais, a Oficina debería fomentar valores e principios de integridade pública, impulsar unha cultura de boas prácticas e promover o bo goberno na cidadanía, así como atallar a corrupción no deseño, execución e avaliación de políticas públicas e actuacións administrativas.

A proposición de lei incluía un réxime sancionador con infraccións leves, graves e moi graves, un sistema de prescrición de sancións e a creación dun Rexistro Central de Infraccións, dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade