Cargando resultados...
Filipe VI denuncia desde Exipto a insoportable crise humanitaria en Gaza
Os reis iniciaron a súa primeira visita de Estado ao país, mediador no conflito
Os reis de España inician a súa primeira viaxe de Estado a Exipto
G24.gal
16/09/2025 21:14
Última actualización 16/09/2025 21:24
Os reis de España inician a súa primeira viaxe de Estado a Exipto, convidados polo presidente Abdel Fattah Al Sisi. A visita ten lugar nun contexto rexional convulso pola guerra en Gaza, na que este país exerce un papel mediador.
No primeiro acto desta viaxe Filipe VI cualificou de insoportable a crise humanitaria e a devastación en Gaza. E avogou polo diálogo, e a reconciliación en Oriente Próximo.
O monarca pronunciouse nestes termos nunha recepción coa comunidade española en Exipto. No país residen un milleiro de compatriotas. Destaca a presenza de empresarios, arqueólogos, profesores e cooperantes.