Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE destaca a actividade lexislativa do Goberno e o PP que están a gañar eleccións

O PSOE destaca a actividade lexislativa do Goberno e o PP que están a gañar eleccións

No balance da lexislatura, o PSOE destaca as 52 leis aprobadas pola vía do consenso e critica a Feijóo

No PP salientan que gañan eleccións, mentres Sánchez se converteu nunha "máquina de perdelas"

Desde Cataluña ábrese un novo tema de confrontación co financiamento no foco.

G24.gal 27/12/2025 14:30 Última actualización 27/12/2025 14:42

O 2025 foi complicado para o Goberno e Pedro Sánchez, cun último trimestre marcado polos escándalos e a perda do apoio parlamentario de Junts. Malia iso, desde o PSOE inciden nas 52 leis aprobadas nesta lexislatura e cargan contra a estratexia política de Feijóo.

 "Mentres o Goberno está consolidado dereitos, protexendo a cidadanía e reforzando servizos públicos, estamos vendo como o señor Feijóo leva utilizando a política catorce meses para protexerse", sinala a voceira do PSOE, Montse Mínguez.

O Partido Popular fai balance deste ano e sinala que "Sánchez xa non encabeza un Goberno, senón que encabeza un final" como se demostra coas derrotas nas urnas.

"Cada vez que se vota o Partido Popular medra. Feijóo logra apoios mentres Sánchez se converteu nunha maquina de perder eleccións. No seu lado do muro podemos dicir que cada queda menos xente entre imputados e perda de eleccións", di Cuca Gamarra.

O financiamento de Cataluña é outro dos temas referenciais deste remate do ano e desde Esquerra Republicana déixanlle un recado a Junts.

"Que Junts vote a favor dun bo modelo de financiamento para os nosos hospitais, escolas, universidades e o noso transporte público e que vote a favor da capacidade de Cataluña de recadar o IRPF", é o desexo que formula Oriol Junqueras.

Os Comuns tamén desconfían da política do non de Junts, tanto en Madrid como en Cataluña.

"Junts fixo do non o seu tótem político e iso é un problema de orde principal e vaino ser, e ogallá me equivoque, na cuestión do financiamento", destaca Aina Vidal, voceira dos Comuns no Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade