Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renuncia a alcaldesa de Lousame tras 14 anos no cargo

Renuncia a alcaldesa de Lousame tras 14 anos no cargo

Teresa Villaverde Pais deixa a corporación por motivos persoais

O popular Esteban Ares García será o novo rexedor do municipio

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 16/09/2025 19:46 Última actualización 16/09/2025 19:59

O Pleno municipal de Lousame acolleu este martes unha sesión extraordinaria para oficializar a renuncia ao cargo de alcaldesa presentada por Teresa Villaverde Pais, despois de 14 anos á fronte da corporación e tras 22 como concelleira.

Villaverde Pais asegurou que a súa dimisión se produce por motivos estritamente persoais e agradeceu aos veciños da localidade o respaldo ao seu grupo, que foi o máis votado nas pasadas eleccións municipais.

O novo alcalde será o número dous do PP en Lousame, o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Economía e Facenda, Esteban Ares García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade