Dimite a edil de Zona Rural do Concello de Lugo, pero mantense no PSOE
Asegura que sae do Goberno local por motivos profesionais, e non por supostas desavinzas co alcalde
A saída de María Reigosa obrigará a Miguel Fernández a reestruturar de novo o seu equipo de Goberno
Crise no Goberno local de Lugo tras a renuncia da concelleira do Medio Rural, María Reigosa.
Apenas un mes despois do seu nomeamento, deixa as súas funcións no consistorio pero mantén a súa acta de edil e confirma que seguirá no grupo socialista,
Algunhas fontes sinalaron que a decisión de María Reigosa vén motivada, presuntamente, por desavinzas co alcalde e obrigará o rexedor a facer unha nova repartición de responsabilidades no consistorio.
Pola contra, este venres comparecía xunto o rexedor, Miguel Fernández, e asegurou que a súa decisión vén motivada exclusivamente por non poder compatibilizar o seu traballo co labor que desenvolve no Concello.
Reigosa entrou como edil hai tan só dous meses, logo do falecemento do edil Pablo Permuy.