O PSOE quere recuperar a confianza dos socios e poder negociar os orzamentos
Feijóo: "O Goberno está colapsado, a lexislatura está morta"
O PNV ve "bloqueo" na lexislatura e que se empeza a conformar unha "maioría negativa"
Podemos subliña que non é socio do Goberno e reprocha a Sánchez a súa actitude de chulería
Yolanda Díaz tacha a Podemos e BNG de negacionistas por rexeitaren o decreto antiapagamentos
O Congreso pechou por vacacións. No último combate, o Goberno tocou a lona. Non houbo KO, pero si recados. PP, Junts, Podemos tumbaron o decreto antiapagadas e amargáronlle o final de curso politico ao executivo.
O presidente do Goberno avanza que o volverán presentar. Para o PNV, a investidura está en vías de bloqueo, e para o PP só hai un responsable: Pedro Sánchez.
O presidente do PNV, Aitor Esteban, considerou que o Goberno se atopa nunha situación de "bloqueo", especialmente pola incapacidade de aprobar uns orzamentos xerais do Estado, e que se está empezando a conformar unha "maioría negativa".
Nunha entrevista na Cadea SER, Esteban analizou a situación da lexislatura tras a derrota parlamentaria do Goberno no Congreso este martes polo rexeitamento ao decreto antiapagones.
O portavoz do PSOE no Congreso, Patxi López, mostrouse confiado este mércores en que o Goberno recupere a confianza dos socios de investidura no próximo curso político e dixo que xa traballa na elaboración dos orzamentos xerais, que está disposto a negociar.
Nun entrevista en TVE recollida por EFE, López admitiu o golpe do caso Cerdán e a derrota deste martes no pleno do Congreso, onde o PP, Vox, Junts, Podemos e BNG tombaron o decreto sobre medidas para reforzar o sistema eléctrico tras o apagamento peninsular do pasado 28 de abril.
Pero resaltou que a confianza se recupera falando, dialogando e con iniciativas, e subliñou que no PSOE son expertos niso.
Por iso, dixo, comezarán o novo curso político en setembro con moita forza, con moita firmeza e con moitas propostas.
Entre elas, os orzamentos, nos que, segundo López, xa está a traballar o Goberno para dar acomodo a todas as políticas e todas as medidas que se foron aprobando no Congreso e benefician o conxunto da cidadanía.