Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclama ao Goberno máis competencias: “Non queremos ser máis, pero tampouco menos”

A Xunta reclama ao Goberno máis competencias: “Non queremos ser máis, pero tampouco menos”

O conselleiro Diego Calvo pide avances en renovables, dependencia e permisos a traballadores estranxeiros

Galicia demanda equiparación con outras comunidades en cuestións fundamentais

G24.gal 23/07/2025 15:54

O Goberno retira o recurso que presentara á lei de orzamentos de Galicia por discrepancias competenciais. Hoxe sae publicado o acordo no DOG e a Xunta pono como exemplo de que é posible chegar a consensos se hai vontade. Pídenlle ao Goberno que siga o mesmo camiño noutros asuntos como a concesión dos permisos de traballo aos estranxeiros, unha competancia que reclaman dende a Administración autonómica.

“Non queremos ser máis ca ningunha comunidade, pero tampouco queremos ser menos”, advertiu o concselleiro Diego Calvo en resposta ás preguntas dos xornalistas sobre o pacto alcanzado entre a Xunta e o Goberno estatal en materia de lei de orzamentos. O conselleiro asegurou que “cando hai vontade, pódese chegar a acordos” e remarcou a “disposición total” do Executivo galego para acadalos.

 

Calvo insistiu en que a Xunta “está á espera de poder chegar a acordos canto antes en asuntos fundamentais para Galicia”. Entre as prioridades, citou a necesidade de medidas acordes co resto do Estado no ámbito da enerxía eólica e a petición de que “as persoas que teñan o terceiro grao de dependencia sexan consideradas inmediatamente cunha discapacidade do 100%”.

Do mesmo xeito, reclamou competencias para outorgar os permisos iniciais aos traballadores estranxeiros, alegando que todos os sectores produtivos en Galicia sofren problemas de man de obra. “Igual que Cataluña e o País Vasco teñen asumidas estas competencias”, apuntou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos