Publicador de contidos

Publicador de contidos

No triángulo máxico do entroido manteñen as restricións previas ao protocolo da Xunta

No triángulo máxico do entroido manteñen as restricións previas ao protocolo da Xunta

En Laza suspenden os folións e a repartición de comida

Xinzo e Verín non organizarán desfiles nin contratarán orquestras

Foto de arquivo das formigas de Laza
G24.gal 27/01/2022 14:33

O protocolo de Entroido aprobado polo comité clínico non vai alterar os plans no triángulo máxico. Xinzo, Verín e Laza optan por programacións máis restritivas que as que permite a Xunta para evitar aglomeracións.

No caso de Laza, non se organizarán folións nin haberá repartición de comida. Trátase, din, de evitar situacións en que é inviable delimitar espazos ou itinerarios e controlar a xente para que respecte as distancias de seguridade, as medidas hixiénicas ou o uso da máscara.

"Só no caso de que este (o protocolo) fose máis restritivo, nós modificariamos. Como somos nós máis precavidos, o acordo foi manter a mesma situación", explica Moncho Barreal Novo, alcalde de Laza.

Xinzo e Verín

En Xinzo e Verín tampouco cambia nada. Non se arriscan a contratar grandes orquestras nin a organizar desfiles polas dificultades de control.

"O protocolo permite todo pero que sexamos o poli malo os concellos, e os concellos xa asumimos moitas veces competencias impropias, escaseza de recursos... e non podemos facer o que nos gustaría facer", subliña Elvira Lama Fernández, alcaldesa de Xinzo de Limia.

Haberá, iso si, atraccións de feira. "Teñen unha zona ampla, e imos facilitarlles todo porque eles teñen os seus propios protocolos", explica a alcaldesa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos